
POR CARLOS NUEVO CAL, CRONISTA OFICIAL DE VIVEIRO (LUGO).

Entre as distintas edificacións e construccións singulares que conforman o casco histórico da cidade de Viveiro, consideramos de grande interese arquitectónico a casa nº 24, situada na actual Rúa Rosalía de Castro (antiga da Pilitaria, Carniçería, Travesa, do Medio ou Mina), na que destaca un fermoso arco de medio punto con grandes dovelas e escudo heráldico da familia do fundador encima.
A casa torre pertenceu ao viveirés Juan Ares Viçoso de Baamonde, destacado membro da fidalguía local e comercial do s. XVI, señor do Coto de Caxoto, señorío que herdou da súa tía dona Leonor Viçoso de Baamonde, que fora esposa do rexidor Pedro Pardo de Cela “O Rubio”; este deixara establecido nas súas mandas testamentarias que co produto da venta dos seus bens se construíse a Sancristía (1563) da igrexa de Santa María do Campo. Juan Ares era tamén o señor da casa solar de Viçoso na vila de Viveiro e do lugar de Bolaño, en Castroverde; tiña outras posesións en Viloalle e Cesuras (Mondoñedo), herdadas do seu pai Juan Ares de Viçoso e era dono do casarío das Seixas, que fora do seu tío Ares Pérez de Viçoso. Ademais, exercía o seu poderío sobre as súas posesións dos lugares do Souto (Landrove), Xavaríz (Galdo), Sandar e San María de Corbelle, xunto con outras propiedades na Terra de Viveiro e do beneficio de Santo André de Boimente.[1]
Igualmente, desenvolveu, en diferentes mandatos, os cargos de Procurador Xeneral da vila e da súa xurisdición,[2] en representación do antigo linaxe dos Viçoso e dos Cora. Así mesmo, exerceu como Rexidor en 1549 e como Tenente Correxidor durante o ano de 1572. Casado con dona Urraca Fernández de Cordido coa que non tivo sucesión, fundou vínculo coa prohibición de vender ou ceder os seus bens e dereitos, ao tempo que establecía o maiorazgo entre os seus sucesores, nomeando como primeiro posuidor ao seu sobriño Juan Ares de Vaamonde, fillo natural do seu irmán Pedro Viçoso de Vaamonde e, no caso de que non houbese outros descendentes varóns, o maiorazgo pasaría aos sucesores da súa sobriña Clara Martínez de Baamonde ou de Rodrigo Alonso Alfeirán, respectivamente.
O arcosolio sepulcral en Santa María do Campo
Ares Vizoso faleceu en maio de 1574, debido ao contaxio da peste bubónica e foi soterrado na igrexa de Santa María do Campo, nun arcosolio sepulcral, situado na ala norte da igrexa que ostenta dous escudos armeiros, o da dereita amosa as armas dos Viçoso, e o da esquerda ás dos Moscoso, Cordido e Luaces, xunto coa seguinte inscrición:
“ESTE SEPVLCRO HIZO AZER IVAN ARES VIÇOSO FUE SV BOLUNTAD QUE NADIE SE ENTERA .. EN EL. AÑO 1573”.
Os escudos de armas do arcosolio sepulcral son moi semellantes aos da casa torre da mencionada Rúa do Medio e ao que está ubicado na fachada do antigo pazo do Cristo dos Malates, no vello camiño real. Este escudo estivera antes nunha casa da Rúa da Nogueira ou de Quiroga, actual Fernández Victorio, que tamén era propiedade de Juan Ares Viçoso, mais por mor dunhas obras foi trasladado modernamente por Pilar Díaz Ortega á súa actual ubicación no Pazo dos Malates.
Na actualidade, a devandita casa de Juan Ares Viçoso coñecida popularmente como “Casa de Rosariño dos Queixos”, por dedicarse a súa antiga propietaria Rosario Pena Trobo a revender os afamados queixos de Cabanas e Riobarba ou, mesmo, a traballar como fondista de estudantes até principios da década dos anos 70 do pasado século XX, está dedicada a negocio de copas e lecer, polo que sufriu distintas modificacións que afectaron a súa estrutura interna, como a desaparición dunha impresionante cociña con lareira e columnas de cantería e a destrución dunhas singulares cabaleirizas, situadas na planta baixa da rúa de Fernández Victorio ou “Rompeteelalma”. Os pubs que levan funcionando no local nos últimos anos foron: O Zoppos, Kiev e Guini, hoxe en día.
Hai poucos anos, as novas rexentes da casa-torre, asesoradas pola oficina técnica do Concello de Viveiro, restauraron convenientemente a fachada do edificio, aínda que sería de desexar a supresión ou nova construcción en madeira e cristal dunha antiestética estructura de uralita plástica que sobresae por riba do muro adosado á casa e que desvaloriza o magnífico conxunto arquitectónico.
[1] Santiago F. Pardo de Cela /Carlos Adrán Goás, Regidores del Concejo de Viveiro (Siglos XV al XIX), 2014.
[2] Donapetry Iribarnegaray, J., Historia de Vivero y su Concejo, páxs: 395 e 396.Viveiro, 1953.
FUENTE: https://viveirocronista.blogspot.com/2024/07/casa-torre-que-pertenceu-juan-ares.html
Archivos
- Elegir el mes
- abril 2025 (340)
- marzo 2025 (444)
- febrero 2025 (350)
- enero 2025 (412)
- diciembre 2024 (392)
- noviembre 2024 (403)
- octubre 2024 (413)
- septiembre 2024 (274)
- agosto 2024 (294)
- julio 2024 (465)
- junio 2024 (457)
- mayo 2024 (481)
- abril 2024 (433)
- marzo 2024 (500)
- febrero 2024 (400)
- enero 2024 (463)
- diciembre 2023 (474)
- noviembre 2023 (463)
- octubre 2023 (461)
- septiembre 2023 (416)
- agosto 2023 (420)
- julio 2023 (410)
- junio 2023 (433)
- mayo 2023 (460)
- abril 2023 (478)
- marzo 2023 (476)
- febrero 2023 (428)
- enero 2023 (433)
- diciembre 2022 (441)
- noviembre 2022 (400)
- octubre 2022 (404)
- septiembre 2022 (421)
- agosto 2022 (413)
- julio 2022 (434)
- junio 2022 (429)
- mayo 2022 (436)
- abril 2022 (451)
- marzo 2022 (440)
- febrero 2022 (402)
- enero 2022 (402)
- diciembre 2021 (406)
- noviembre 2021 (402)
- octubre 2021 (373)
- septiembre 2021 (336)
- agosto 2021 (318)
- julio 2021 (307)
- junio 2021 (292)
- mayo 2021 (288)
- abril 2021 (264)
- marzo 2021 (274)
- febrero 2021 (266)
- enero 2021 (280)
- diciembre 2020 (300)
- noviembre 2020 (252)
- octubre 2020 (281)
- septiembre 2020 (264)
- agosto 2020 (290)
- julio 2020 (353)
- junio 2020 (375)
- mayo 2020 (428)
- abril 2020 (389)
- marzo 2020 (375)
- febrero 2020 (399)
- enero 2020 (386)
- diciembre 2019 (393)
- noviembre 2019 (472)
- octubre 2019 (392)
- septiembre 2019 (377)
- agosto 2019 (374)
- julio 2019 (451)
- junio 2019 (427)
- mayo 2019 (447)
- abril 2019 (471)
- marzo 2019 (634)
- febrero 2019 (589)
- enero 2019 (639)
- diciembre 2018 (248)
- noviembre 2018 (332)
- octubre 2018 (334)
- septiembre 2018 (200)
- agosto 2018 (157)
- julio 2018 (238)
- junio 2018 (234)
- mayo 2018 (208)
- abril 2018 (262)
- marzo 2018 (257)
- febrero 2018 (228)
- enero 2018 (333)
- diciembre 2017 (265)
- noviembre 2017 (309)
- octubre 2017 (362)
- septiembre 2017 (318)
- agosto 2017 (253)
- julio 2017 (270)
- junio 2017 (338)
- mayo 2017 (322)
- abril 2017 (301)
- marzo 2017 (355)
- febrero 2017 (378)
- enero 2017 (333)
- diciembre 2016 (439)
- noviembre 2016 (616)
- octubre 2016 (417)
- septiembre 2016 (283)
- agosto 2016 (269)
- julio 2016 (270)
- junio 2016 (390)
- mayo 2016 (420)
- abril 2016 (398)
- marzo 2016 (368)
- febrero 2016 (385)
- enero 2016 (367)
- diciembre 2015 (396)
- noviembre 2015 (328)
- octubre 2015 (364)
- septiembre 2015 (285)
- agosto 2015 (260)
- julio 2015 (281)
- junio 2015 (293)
- mayo 2015 (283)
- abril 2015 (303)
- marzo 2015 (347)
- febrero 2015 (326)
- enero 2015 (333)
- diciembre 2014 (355)
- noviembre 2014 (391)
- octubre 2014 (380)
- septiembre 2014 (226)
- agosto 2014 (177)
- julio 2014 (200)
- junio 2014 (234)
- mayo 2014 (281)
- abril 2014 (299)
- marzo 2014 (267)
- febrero 2014 (284)
- enero 2014 (244)
- diciembre 2013 (209)
- noviembre 2013 (246)
- octubre 2013 (232)
- septiembre 2013 (209)
- agosto 2013 (180)
- julio 2013 (219)
- junio 2013 (107)
- abril 2013 (1)
- enero 2013 (1)
- junio 2012 (1)
- diciembre 2011 (1)
- noviembre 2011 (4)
- marzo 2010 (2)
- febrero 2010 (1)
- marzo 2008 (105)
- febrero 2008 (67)
- enero 2008 (68)
- diciembre 2007 (48)
- noviembre 2007 (27)
- octubre 2007 (31)
- septiembre 2007 (17)
- agosto 2007 (22)
- julio 2007 (8)
- junio 2007 (5)
- mayo 2007 (22)
- abril 2007 (30)
- marzo 2007 (14)