A CELEBRACIÓN DO DÍA DAS TORTILLAS EN VIVEIRO, UNHA ORIXE INCERTA
Abr 06 2025

POR CARLOS NUEVO CAL, CRONISTA OFICIAL DE VIVEIRO (LUGO)

O influxo dos períodos de abstinencias e dos frades franciscanos

Este domingo celébrase en Viveiro unha das tradicións máis singulares e representativas do ciclo primaveral. Estamos referíndonos, evidentemente, ao Domingo das Tortillas, unha festa cargada de múltiples simbolismos e interrogantes, en canto as súas escuras orixes. Mais, apesares dos acelerados cambios, políticos, sociais, económicos e relixiosos, acontecidos nos últimos tempos, a celebración non só continúa mantendo unha alta participación, senón que cada ano se renova con máis forza, propiciando á saída aos campos, aos montes e ás praias da bisbarra de multitude de persoas das idades máis diversas. 

Certamente, non son moitos os lugares da xeografía española onde se celebra un día exclusivamente dedicado ás tortillas. Sabemos que na maioría das localidades onde acontece unha efeméride destas características: Sanchidrán (Ávila), Talarrubias (Badaxoz), Azueca de Henares (Guadajara ), ou as matritenses poboacións de Fuentidueña de Tajo e Robledo de Chavela, entre outras, soen coincidir as datas de celebración co período festivo do Entroido ou cos inicios da Coáresma. Non obstante, nas comarcas zamoranas de Benavente e Los Valles, ao igual que en Villalón de Campos (Valladolid), zonas amplamente catequizadas pola orde franciscana durante longos séculos, coinciden exactamente as datas de celebración do denominado día “Tortillero” coa da nosa localidade, é dicir, durante o Domingo chamado de Lázaro, anterior ao de Ramos.

Aínda que o Domingo das Tortillas pode parecernos, a simple vista, unha festa primaveral semellante aos Maios, en canto ao trunfo do bo tempo, da luz e da calor sobre a negrura e o frío do inverno, realmente, o seu código comunicativo, é dicir, a súa “linguaxe”, ten un compoñente marcadamente relixioso.

A súa orixe estaría relacionada co importante período de abstinencias que principiaba a Igrexa unha vez rematado o Entroido. Coa entrada na Coresma iniciábase unha etapa de purificación e preparación para a Pascua, que significaba a despedida da carne e de todo tipo de excesos, como tan ben especifica a seguinte copla popular: Adiós martes de Antroido,/ adiós, meu amiguiño,/hasta Domingo de Pascua/xa non como máis touciño.//

Sen dúbida, os tempos de xaxún, vixilia e abstinencia por parte da Igrexa católica foron especialmente rigorosos durante toda a Idade Media e gran parte da Moderna, abranguendo estas prácticas máis de 140 días ao longo do ano. Os días máis importantes do precepto comprendían o Mércores de Cinza, os venres de Coresma (elixidos polo costume pagán de venerar a Venus, deusa do amor e da fecundidade), e o Mércores, Xoves, Venres Santos e Sábado de Gloria.

Inicialmente, os períodos de abstinencia de carne, previos á celebración da Semana Maior, eran moi abafantes en canto á obriga de “gardar o precepto”, especialmente o quinto Domingo de Coresma, chamado antigamente tamén “Primeiro Domingo de Paixón” ou “Domingo de Lázaro”, porque nese día proclamábase o Evanxeo que narraba a resurrección de Lázaro. As prohibicións preceptivas acentuábanse, se cabe, aínda máis coa obriga de non comer ningún alimento de orixe animal, incluído o peixe, a carne, os ovos e os lácteos (requeixo, queixos, manteigas … ). De tal xeito que ata a Pascua a dieta alimentaria ficaba reducida en exclusiva ás verduras, ás legumes e ás froitas, consideradas como purificadoras.

A observancia das distintas normas penitenciais conseguíase grazas ás imposicións que as autoridades relixiosas e civís exercían sobre a paisanaxe. No caso concreto de Viveiro, o fondo labor penitencial realizado polas dúas ordes mendicantes existentes  -franciscanos e dominicos- establecidos extramuros, na entrada e saída da poboación, influíron grandemente tanto na relixiosidade popular como nos modelos de vida cristiá dos feligreses.

Co paso dos anos, os tempos de xaxúns, vixilias e abstinencias fóronse modificando paulatinamente, especialmente por parte das capas máis acomodadas da sociedade que se permitían pagar á Igrexa: as Bulas da Santa Cruzada e o denominado Sumario de Vivos. Ademais, tamén se rexistraron numerosas variacións en canto á permisibilidade de poder alimentarse con peixe, ovos e lacticinios. Este feito axudou a un maior consumo do bacallau e ao auxe das salgazóns, especialmente da sardiña “arencada”, convertida no pan dos pobres. Grazas igualmente aos períodos de abstinencias produciuse á expansión e popularización de diversos libros de cociña que incluían receitas para todos os días de vixilia. Como curiosidade, podemos engadir, que na actualidade mantense aínda o costume en moitos lugares, especialmente en Cataluña, de agasallar os padriños aos nenos con ovos de Pascua. Antigamente tamén se levaban durante a Pascua os ovos ao crego, dependendo a cantidade que se lle debía dar da importancia da casa. Os ovos son nestas Festas de Pascua símbolo de vida e tamén compoñentes obrigados en todos os menús, especialmente en tortilla ou “torrixas”.

Chegados aquí podemos concluír dicindo que a orixe do Día das Tortillas ten moito que ver, como dixemos, coa supresión da abstinencia de ovos e lacticinios sobre todo no “Domingo de Lázaro”, data ou celebración que explicaría o porque do costume antigo existente na nosa vila de ir a comer as tortillas ao campo de San Lázaro, enfronte do antigo lazareto, situado no actual barrio de “Pénjamo”. Cóntase, igualmente, que o costume de xantar neste día ás tortillas ven dunha vella tradición franciscana que mantendo o espírito ecoloxista e campestre do “Povorello” de Asís, tería por obxecto compartir amigablemente unha frugal tortilla de navallas (“coquinas”), daquela moi abundantes no “Navallal” de Grallal, en Covas.

Tamén era “tradición”, un tanto bárbara, que os rapaces de Viveiro e Celeiro pelexasen a “pedrada limpa” antes de comer para dirimir quen conquistaba o campo de San Lazaro Evidentemente, cando a escaramuza remataba e un dos bandos recuaba, os perdedores ficaban estigmatizados ata o ano seguinte, no que volvería a darse unha nova “batalla”, onde podería comprobarse, outra volta, o valor e audacia dos dous bandos en disputa.

Non menos curioso semella comprobar como durante longos anos os pais dos rapaces viveireses e celeireses permitían que os seus fillos foran a xantar unha vez ao ano, ao campo da “Malataría” ou “Bafuilla”, considerada como un lugar do máis tenebroso, pois permanecía totalmente afastada da poboación, como prevención de calquera contaxio ocasionado polos “bafos” ou leprosos. Unha vez máis, chama a atención, o contraste e mesmo a proximidade, existente, aínda que fora case excepcionalmente, entre uns mociños, na flor da vida, e os leprosos enfermos e moribundos. En síntese, o eterno ciclo da primavera e do inverno; da vida e da morte …

FUENTE: https://viveirocronista.blogspot.com/2021/03/a-celebracion-do-dia-das-tortillas-en.html?spref=fb&fbclid=IwY2xjawJfRnNleHRuA2FlbQIxMQABHqHiiUnQByUrSgYAIFA2K94QQHMEki0-fjsnfAKIj8YZEGUX_fgtCsv96Kkf_aem_wr3X1NrRm08TEMoePJc4Pg

Calendario

abril 2025
L M X J V S D
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930  

Archivos

Elegir el mes
  • Elegir el mes
  • abril 2025  (128)
  • marzo 2025  (444)
  • febrero 2025  (350)
  • enero 2025  (412)
  • diciembre 2024  (392)
  • noviembre 2024  (403)
  • octubre 2024  (413)
  • septiembre 2024  (274)
  • agosto 2024  (294)
  • julio 2024  (465)
  • junio 2024  (457)
  • mayo 2024  (481)
  • abril 2024  (433)
  • marzo 2024  (500)
  • febrero 2024  (400)
  • enero 2024  (463)
  • diciembre 2023  (474)
  • noviembre 2023  (463)
  • octubre 2023  (461)
  • septiembre 2023  (416)
  • agosto 2023  (420)
  • julio 2023  (410)
  • junio 2023  (433)
  • mayo 2023  (460)
  • abril 2023  (478)
  • marzo 2023  (476)
  • febrero 2023  (428)
  • enero 2023  (433)
  • diciembre 2022  (441)
  • noviembre 2022  (400)
  • octubre 2022  (404)
  • septiembre 2022  (421)
  • agosto 2022  (413)
  • julio 2022  (434)
  • junio 2022  (429)
  • mayo 2022  (436)
  • abril 2022  (451)
  • marzo 2022  (440)
  • febrero 2022  (402)
  • enero 2022  (402)
  • diciembre 2021  (406)
  • noviembre 2021  (402)
  • octubre 2021  (373)
  • septiembre 2021  (336)
  • agosto 2021  (318)
  • julio 2021  (307)
  • junio 2021  (292)
  • mayo 2021  (288)
  • abril 2021  (264)
  • marzo 2021  (274)
  • febrero 2021  (266)
  • enero 2021  (280)
  • diciembre 2020  (300)
  • noviembre 2020  (252)
  • octubre 2020  (281)
  • septiembre 2020  (264)
  • agosto 2020  (290)
  • julio 2020  (353)
  • junio 2020  (375)
  • mayo 2020  (428)
  • abril 2020  (389)
  • marzo 2020  (375)
  • febrero 2020  (399)
  • enero 2020  (386)
  • diciembre 2019  (393)
  • noviembre 2019  (472)
  • octubre 2019  (392)
  • septiembre 2019  (377)
  • agosto 2019  (374)
  • julio 2019  (451)
  • junio 2019  (427)
  • mayo 2019  (447)
  • abril 2019  (471)
  • marzo 2019  (634)
  • febrero 2019  (589)
  • enero 2019  (639)
  • diciembre 2018  (248)
  • noviembre 2018  (332)
  • octubre 2018  (334)
  • septiembre 2018  (200)
  • agosto 2018  (157)
  • julio 2018  (238)
  • junio 2018  (234)
  • mayo 2018  (208)
  • abril 2018  (262)
  • marzo 2018  (257)
  • febrero 2018  (228)
  • enero 2018  (333)
  • diciembre 2017  (265)
  • noviembre 2017  (309)
  • octubre 2017  (362)
  • septiembre 2017  (318)
  • agosto 2017  (253)
  • julio 2017  (270)
  • junio 2017  (338)
  • mayo 2017  (322)
  • abril 2017  (301)
  • marzo 2017  (355)
  • febrero 2017  (378)
  • enero 2017  (333)
  • diciembre 2016  (439)
  • noviembre 2016  (616)
  • octubre 2016  (417)
  • septiembre 2016  (283)
  • agosto 2016  (269)
  • julio 2016  (270)
  • junio 2016  (390)
  • mayo 2016  (420)
  • abril 2016  (398)
  • marzo 2016  (368)
  • febrero 2016  (385)
  • enero 2016  (367)
  • diciembre 2015  (396)
  • noviembre 2015  (328)
  • octubre 2015  (364)
  • septiembre 2015  (285)
  • agosto 2015  (260)
  • julio 2015  (281)
  • junio 2015  (293)
  • mayo 2015  (283)
  • abril 2015  (303)
  • marzo 2015  (347)
  • febrero 2015  (326)
  • enero 2015  (333)
  • diciembre 2014  (355)
  • noviembre 2014  (391)
  • octubre 2014  (380)
  • septiembre 2014  (226)
  • agosto 2014  (177)
  • julio 2014  (200)
  • junio 2014  (234)
  • mayo 2014  (281)
  • abril 2014  (299)
  • marzo 2014  (267)
  • febrero 2014  (284)
  • enero 2014  (244)
  • diciembre 2013  (209)
  • noviembre 2013  (246)
  • octubre 2013  (232)
  • septiembre 2013  (209)
  • agosto 2013  (180)
  • julio 2013  (219)
  • junio 2013  (107)
  • abril 2013  (1)
  • enero 2013  (1)
  • junio 2012  (1)
  • diciembre 2011  (1)
  • noviembre 2011  (4)
  • marzo 2010  (2)
  • febrero 2010  (1)
  • marzo 2008  (105)
  • febrero 2008  (67)
  • enero 2008  (68)
  • diciembre 2007  (48)
  • noviembre 2007  (27)
  • octubre 2007  (31)
  • septiembre 2007  (17)
  • agosto 2007  (22)
  • julio 2007  (8)
  • junio 2007  (5)
  • mayo 2007  (22)
  • abril 2007  (30)
  • marzo 2007  (14)

UN PORTAL QUE CONTINÚA ABIERTO A TODO EL MUNDO