A COMARCA LEMBRA OS 70 ANOS DO NAUFRAXIO DO PESQUEIRO ALBATROS CON CATORCE VÍTIMAS
Nov 27 2024

POR XOSE MARÍA FERNÁNDEZ PAZOS COMO CRONISTA OFICIAL DE RIBEIRA (PONTEVEDRA) 

Este 15 de novembro está marcado na historia da comarca como un dos sucesos máis tráxicos da costa galega no que catorce mariñeiros perecerían no pesqueiro “Albatros”. Corrubedo  sería o pobo do que procedían a maioría das vítimas, en concreto 8, dous de Muros e un de O Son, A Pobra, Ferrol e Xixón.

O “Albatros” era un pesqueiro de 35 metros de eslora, e que realizaba a súa faena no mar Cantábrico. A súa tripulación estaba formada por homes de distintas idades e orixes, moitos deles mariñeiros experimentados, pero tamén novos que se sumaron á tradición pesqueira das súas familias.

O 9 de novembro de 1954, o barco partiu do porto de Xixón como o facía habitualmente. A previsión meteorolóxica non anunciaba nada extraordinario, e o mar parecía tranquilo na mañá daquel luns.

O afundimento do “Albatros” tivo lugar a seis millas de Cedeira e segundo as investigacións a causa do naufraxio foi un inesperado cambio nas condicións  do tempo. A tormenta que sorprendeu ao pesqueiro estaba acompañada de fortes ventos e ondas “xigantescas”, factores que desestabilizaron rapidamente o barco.

O “Albatros” atopábase en rota o porto da Coruña coa súa parella o “Alcaudón” cando o tempo comezou a empeorar polo que decidiron adiantar o regreso. O buque informou a este último que debido o mal tempo chegaría a porto pasadas as oito da tarde

Segundo a testemuña do único sobrevivente, o mariñeiro de Miño, Juan Varela Fernández, a nave foi golpeada por unha enorme onda que a deixou completamente á deriva, perdendo a capacidade de manobrar e controlando cada vez menos a estabilidade do casco. Inmediatamente outra onda inundou o barco que comezou a afundirse de popa levantado a proa cara arriba e índose rapidamente o fondo.

No momento en que o barco se envorcou , algúns tripulantes estaban en cuberta despois de cear e outros estaban no interior. Uns foron barridos da cuberta e algún quedaron atrapados dentro da embarcación ou foron arrastrados polo mar.

O único supervivente narrou que poido subirse o bote salvavidas mentres os seus compañeiros lle indicaban que cando chegase o mesmo o retivese e esperase por eles. Cando logrou subir o mesmo desmaiouse durante uns minutos, mentres escoitaba as voces dos compañeiros que pouco a pouco ían perdéndose sen que puidera facer nada por eles. Doce horas estivo a bordo o mariñeiro ata que chegou á praia de Baldaio onde foi socorrido por veciños saíndo cara a Coruña.

A historia do naufraxio conta con anécdotas e curiosidades como a que fixo que un dos mariñeiros quedara en Xixón xa que fora despedido, o que lle salvou a vida. O seu pai estaba no peirao da Coruña pensando que era unha das vítimas ata que o supervivente lle informou que se salvara. Precisamente, Juan Varela, aínda que lle tocaba descansar, substituíu a un compañeiro enfermo.

Co paso dos días recuperáronse algúns corpos, un deles a altura de Fisterra unha semana despois do afundimento. Ese mesmo venres celebraríanse honras na parroquia coruñesa de Santa Lucía e o Estado enviaría axudas ás familias das vítimas.

Oito veciños de Corrubedo, un de A Pobra, un de Seráns- O Son, dous de Muros, un de Ferrol e outro de Xixón, serían as vítimas mortais daquela traxedia da que so se salvou un mariñeiro:

-Lino Chouza Martínez, de Corrubedo, patrón de pesca, casado, con seis fillos.

-José Graña Carnés, de Corrubedo, patrón de costa, casado, con dous fillos.

-Luis Álvarez Alonso, de Xixón, primeiro maquinista, casado, con dous fillos.

-José García Brión, de Corrubedo, contramestre, casado, con dous fillos.

-Segundo Maneiro Ageitos, de Corrubedo, cocinero.

-Crisanto García Martínez, de Corrubedo, mariñeiro, solteiro.

-José Pérez García, de Corrubedo, mariñeiro, casado.

-Manuel Calo Rodríguez, de Corrubedo, mariñeiro,solteiro.

-José Mariño Prego, de Corrubedo, mariñeiro.

-José Pérez Vidal, de Seráns, mariñeiro, solteiro.

-Manuel Domínguez Lojo, de A Pobra do Caramiñal, segundo maquinista, casado, con dous fillos.

-Juan Vázquez Martínez, de Muros, fogueiro.

–José Martínez Mayo, de Muros, fogueiro.

-Manuel Mauriz Rico, de Ferrol, fogueiro.

Juan Antonio Varela Fernández, de Miño, mariñeiro, casado cunha filla. Único supervivente.

FUENTE: https://obarbanza.gal/2024/11/a-comarca-lembra-os-70-anos-do-naufraxio-do-pesqueiro-albatros/

Calendario

noviembre 2024
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Archivos

UN PORTAL QUE CONTINÚA ABIERTO A TODO EL MUNDO