A TRÍSTISIMA HISTORIA DAS NOSAS VÍAS FÉRREAS
Mar 05 2022

POR HERMINIA PERNAS OROZA, CRONISTA OFICIAL DE BURELA (LUGO).

Inauguración da liña de FEVE Ferrol-Xixón ao seu paso por Burela. 1968

Así se refería un xornal galego en 1876, ao proceso de incorporación de Galicia ao entramado férreo español. Todo comezou o 21 de abril de 1858 coa lei que prevía a construción da liña Palencia-A Coruña e remataba en 1883, cando se completou a conexión férrea coa Meseta.

Pero polo medio de ámbalas dúas datas, e despois tamén, habían de pasar e pasaron moitos avatares.

O primeiro ferrocarril español en territorio peninsular, o de Barcelona-Mataró, entra en servizo en 1848 cun retraso de 23 anos respecto a Inglaterra, de 21 en relación ós EE.UU. e de 20 con respecto a Francia; sen embargo, uns anos antes, en 1837, inaugurárase na colonia de Cuba unha liña que unía La Habana con Güines.

Pero se o retraso de España respecto a Europa foi de medio século, o retraso de Galicia respecto a España pódese cifrar en case trinta anos máis. O primeiro tramo de vía férrea que se abre en Galicia une Santiago con Carril (Vilagarcía) á altura de 1873. Un pouco máis tarde, en 1875, únense a Coruña e Lugo.

Como xa indicamos, a primeira saída férrea a España inaugúrase en 1883, dous anos despois de que o fixese a línea Ourense-Vigo, que empalmaría coa anterior en Monforte en 1885.

A situación a comezos do século XX era a seguinte: só funcionaban as liña Santiago-Vigo-Ourense-Monforte e A Coruña-Lugo-Monforte. O acceso a Ferrol entrará en servicio en 1918, facéndoo en 1943 o tramo Santiago-Coruña-Ourense-Zamora, e en 1958 o de Santiago-Ourense mentres que a última liña galega en entrar en funcionamento foi a de Ferrol-Xixón (FEVE) que se inaugurou en 1968.

Cómpre recordar o poema que Curros Enríquez dedicou á chegada do tren á cidade de Ourense no ano 1881, que tanto gusta ao alumnado e que tantos sinsabores lle acarreou ao seu creador.

NA CHEGADA A OURENSE DA PRIMEIRA LOCOMOTORA (1881)

Velaí ven, velaí ven avantando
comaros e corgas, e vales, e cerros.
¡Vinde vela, mociños e mozas!
¡Saludaina, rapaces e vellos!
Por onde ela pasa
fecunda os terreos,
espértanse os homes,
frolecen os eidos.
Velaí ven, velaí ven tan oupada,
tan milagrosiña, con paso tan meigo,
que parece unha Nosa Señora,
unha Nosa Señora de ferro.
Tras dela non veñen
abades nin cregos;
mais vén a fartura
¡i a luz i o progreso

Ata aquí unhas pequenas pinceladas de Historia feitas por unha profesora para o seu alumnado; para a continuación deixala repousar un pouco e reflexionar e/ou debater sobre o presente ou o pasado máis inmediato. A primeira pregunta que se lles ocorre aos alumnos foi esta: Agora deberían facer outro poema semellante, ¿quen se encargará? E de seguido, produciuse unha choiva delas: ¿E por que sempre Ourense?. ¿Por que non podemos ir en tren a nosa capital provincial? ¿Por que está tan abandonado este medio de transporte?

O contraataque vén en forma doutra pregunta: ¿credes que a falta de bo transporte pode limitar o crecemento económico dunha zona, por exemplo, a nosa Mariña?

Despois de que volvese a calma, seguimos avanzando na “construción da alta velocidade”:

ENGADIR AQUÍ A SITUACIÓN ACTUAL (publicado en LVG o 21-12-2021).

A vista disto propuxemos unha viaxe a Madrid en tren pero o alumnado pode ser pequeno en anos pero non en agudeza e despois de pensalo un intre afirmaron que eles, cando se poida, ansían ir a Madrid ao igual que foron curso tras curso quen os precederon pero non queren ir en AVE por unha razón moi sinxela: entre que contratamos un autobús para que nos leve a Ourense xa nos poñemos a metade de camiño e ademais, queren ir con quen fomos sempre xa que o éxito está garantido.

A VER COMO ENCAIXO ISTO:

A plataforma cidadá Lugo Non Perdas O Tren reclamou, a través dun comunicado de prensa, a conexión por tren dos portos da Mariña coa capital provincial e con Santiago de Compostela. “Os peiraos lucenses teñen que estar conectados de forma directa coas liñas estatais de pasaxeiros e mercancías”, remarca o colectivo, que expón que este proxecto facilitaría “enlazar coa rede Atlántica cara ao norte de Portugal“.

A agrupación lembra que no 1981 concebiuse dentro do Estatuto de Autonomía “o tren galego” sen que en catro décadas “se fixese nada por crear ese ente ou empresa nin por vertebrar Galicia a nivel ferroviario. Lugo hai anos que precisa unha comunicación por tren con Santiago e coa Mariña Lucense“, expón, facendo fincapé en que a capital provincial “é a única da comunidade sen enlace ferroviario coa galega, Compostela.

FUENTE: CRONISTA

Add your Comment

Calendario

noviembre 2024
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Archivos

UN PORTAL QUE CONTINÚA ABIERTO A TODO EL MUNDO