POR CARLOS NUEVO CAL, CRONISTA OFICIAL DE VIVEIRO (LUGO).
Unha Festa de escuras orixes
Sen dúbida, semella bastante complicado tratar de historiar as orixes da festa da árbore, debido ás moitas lagoas que existen en canto aos seus antecedentes, así para uns a Festa derivaría das celebracións da denominada Árbore da liberdade, introducida en Europa pola Revolución francesa, como símbolo da liberdade e da igualdade; mentres que para outros, en cambio, as súas orixes deberíamos buscalas en Nebraska (EE.UU), onde se celebrou o primeiro Arbor day, en 1872. A iniciativa fora do xornalista Sterling Morton, que trataba de remediar o grave proceso deforestador acontecido nas terras americanas durante o asentamento de novos colonos. Posteriormente, a idea da repoboación forestal “mortiniana”, foi imitada por outros estados norteamericanos ata que se oficializou a finais do s. XIX. Coa implantación da Festa da Árbore nos Estados Unidos de América e a participación dos centros escolares, a celebración rematou por estenderse a outros países hispanoamericanos e europeos.
Porén, en Suecia, con anterioridade á celebración americana da Arbor day, a Festa da Árbore da Liberdade xa tiña evolucionado dende principios da década de 1840 ata converterse na conmemoración do chamado Día da Árbore, que se realizaba anualmente en Estocolmo. A iniciativa sueca, que sempre mantivo unha gran participación popular, pode considerarse realmente como a primeira Festa da Árbore do mundo. En Francia e noutros países europeos tamén comezarían a celebrarse actos da exaltación das árbores nos decenios finais do século XIX, mais non sabemos se foi por influencia americana ou como recordo da tradicional Festa da Árbore da Liberdade.
Os inicios da Festa da Árbore en España
Resulta curioso, comprobar como tres séculos antes de conmemorarse a Festa da Árbore da liberdade francesa e do Arbor day, celebrárase en Mondoñedo unha festa pioneira non só en Galicia, senón en todo o mundo. Segundo ten contado o cronista Lence Santar, a finais do século XVI, o rexedor mindoniense Luis de Luaces e Labrada decidira repoboar de árbores a actual alameda dos Remedios, motivo polo que convocou aos nenos e veciños da cidade, aos que convidou ao remate do acto, cun gran banquete en recordo da iniciativa.
Pese á recoñecida antigüidade secular da efeméride mindoniense, o botánico D.F.A. Zea e o rexeneracionista aragonés Joaquín Costa, no seu libro: El Arbolado y la Patria, consideran que a primeira Festa da Árbore, celebrada en España, tivo lugar en Villanueva de la Sierra (Cáceres), en 1805. O acto festivo organizado polo párroco da localidade e o alcalde, consistiu en plantar chopos no val do Exido e na arroiada da Fonte da Moura, rematando a celebración cun banquete e un animado baile.
Agora ben, os inicios das primeiras Festas da Árbore de carácter laico, no estado español, debéronse á iniciativa de Rafael Puig i Valls, enxeñeiro xefe do Distrito Forestal de Barcelona, Xirona e Baleares, que imitando as celebracións norteamericanas, introduciu a celebración en Madrid e Barcelona, a partir de 1898. Axiña, á iniciativa dos enxeñeiros forestais sumáronse os rexeneracionistas, un importante número asociacións cívicas e culturais, partidos políticos, concellos, deputacións ou mesmo a Asociación do maxisterio da Rioxa. O movemento forestal e naturista comezou a coller un importante pulo durante este primeiro período que abrangue dende os anos de 1900 a 1903, período que podemos definir como de carácter cívico, democrático e municipalista. Pero estas accións espontáneas da sociedade civil que eran capaces de organizar as primixenias Festas da Árbore con total liberdade rematarían a partir de 1904, debido ao Real Decreto do Ministerio de Agricultura que ditaba por vez primeira unhas regras, que pese a non ser obrigatorias si eran recomendables para a celebración da Festa da Árbore. Deste xeito, o goberno decidíase a difundir a Festa, pero tamén a canalizala ou, mesmo chegado o caso, controlábaa. En adiante, o Ministerio aseguraba a concesión gratuíta de sementes e de plantóns, así como a constitución dunhas Xuntas locais onde estivesen presentes as forzas vivas da localidade, citando por esta orde ao crego, ao médico, ao mestre e ao alcalde, como axentes ou promotores da celebración, que estaría supervisada, a poder ser, por axentes do Corpo Nacional de Enxeñeiros de Montes. A colaboración dos membros das Xuntas locais serían consideradas como méritos nas súas respectivas carreiras profesionais, asegurándose deste xeito a ortodoxia ideolóxica e o contido dos discursos dirixidos ao público no momento das celebracións.
A Inspección Educativa, iniciadora da Festa da Árbore na provincia de Lugo
Uns meses antes da celebración da primeira Festa da Árbore organizada en Viveiro, publicábase no Boletín Oficial da Provincia do día 27 de decembro de 1911, unha circular coa proposta do inspector provincial de primeira ensinanza relativa á celebración da devandita festa na capital lucense e nos pobos da provincia. Na convocatoria recoñececíase que “esta provincia no ha sido de las primeras en secundar estos movimientos tan redentores y patrióticos, no quisiéramos que fuera, tampoco, la última en ofrecer estos signos de verdadera cultura” Por este motivo e co consentimento do gobernador civil retomaban esta esquecida iniciativa para “mover el ánimo de todas las Sociedades, prensa local y provincial, autoridades, Curas párrocos, Maestros y muy particularmente el indiferente de los labradores que es á quienes principalmente interesa por darse, por este medio, favorable solución a los problemas de la vida del campo”. A inspección educativa luguesa incidía na importancia de inculcar aos nenos e nenas estes ideais de tal xeito que lles servisen de “norma para su vida futura”. Sinalaba igualmente que para levar a termo todo isto era preciso que os amantes do progreso aportasen o seu concurso persoal para evitar que continúe “la guerra despiadada, brutal, para el árbol y para el pájaro, y por eso todos, absolutamente todos, y muy especialmente los señores Curas párrocos, Médicos y Maestros, deben realizar, dentro de su respectiva esfera, una labor altamente salvadora: el primero, desde el altar, persuadiendo al labrador de que la ruína de la comarca obedece, en gran parte, á la falta de arbolado y á las plagas que se desarrollan por falta de avecillas; el Doctor encareciendo la importancia de estos elementos por lo que á la higiene pública afecta y, el Maestro, en su labor cotidiana, persistente, inculcando en los corazones infantiles sentimientos de respeto al árbol, á los pájaros y á las plantas”. Compre clarexar que en Galicia, nestes anos existía un gran desleixo cara ás árbores, debido ás excesivas cortas de carballos para as travesas das vías do tren e a praga da tinta nos castiñeiros, avatares que afectaron grandemente a maioría das fragas e soutos autóctonos.
Coa finalidade de organizar do mellor xeito posible a Festa da Árbore, a inspección educativa tamén recomendaba constituír nas distintas poboacións unha Junta de Amigos del Árbol y del pájaro, da que poderían formar parte tamén as sociedades existentes na localidade, a prensa e demais personalidades amantes do progreso. Tamén establecía unha serie de normas e indicacións sobre os gastos das plantacións, os obsequios aos escolares máis destacados nese día e os discursos que deberían de ser poucos e breves, podendo incluso substituílos por follas impresas con máximas alusivas ao evento. Ademais, os actos comezarían coa bendición das árbores polo crego párroco e a celebración dunha misa no mesmo lugar onde se realizara a plantación, lugar que debería ser engalanado previamente.
Celebración da primeira Festa da Árbore en Viveiro (21 marzo de 1912)
Seguindo o chamamento realizado pola Xunta provincial de Instrución Pública, o alcalde de Viveiro Pedro Pérez Barreiro, propuxo na Sesión do 29 de febreiro de 1912 a celebración de “tan simpática fiesta”, acordando destinar a cantidade de duascentas pesetas para a plantación de árbores que se levaría a cabo no campo da feira da Pascua, en Covas. Na seguinte Sesión, do día 7 de Marzo, ampliouse o acordo tomado anteriormente, decidíndose a adquisición de cincuenta exemplares do libro intitulado “Jura de la Bandera” e vinte cinco do intitulado “Lolita” (Cancioneiro das nenas), ambas as dúas publicacións eran da autoría de Augusto G. de Santiago e Gadea. Os libros repartiríanse entre os nenos e nenas que máis destacasen na Festa da Árbore. A celebración fixouse para o día 21 de marzo, a partir das dez da mañá, momento no que sairían en comitiva dende a Casa Consistorial ata o lugar da plantación. Porén, antes volvería a reunirse a Xunta Local de Instrución Pública, constituída polos párrocos, mestres, pais e representantes municipais para ultimar todos os detalles relativos á celebración. Os membros da Xunta de Instrución Pública decidiron modificar o lugar inicial da plantación polo solar máis próximo da antiga Praza de Touros, ubicado no actual IES “María Sarmiento”, coa finalidade de iniciar o parque. Un dos principais animadores da Festa foi o mestre D. Lois Tobío Campos, antigo alumno da Escola Superior do Maxisterio de Madrid, que participou activamente con todos os seus alumnos da Escola de nenos de San Francisco, preparando expresamente, xunto co mestre músico D. Juan Latorre Capón, a canción do himno ás árbores con letra de Carlos Fernández Shaw e música de Chapí:
“Cantemos al arbol que voy a plantar;
Si Dios lo protege del hombre y del viento
Salud y riqueza dará” …
Crónica de “El Heraldo de Vivero”
Debido ao seu interese, ao contar detalladamente a primeira celebración da Festa da Árbore na nosa localidade, consideramos oportuno reproducir integramente a crónica de El Heraldo de Vivero, correspondente ao día 23 de marzo de 1912:
“El jueves celebróse, como estaba anunciado, este culto y simpático festival.
El día presentóse desapacible y frío, cayendo frecuentemente copiosísimos chubascos que hicieron pensar en el aplazamiento de la fiesta.
Por fin, á las once, en vista de que el temporal parecía haber calmado un tanto, comenzó á organizarse la comitiva en la Casa-Ayuntamiento.
Abrían la marcha los niños y niñas de las Escuelas públicas del término, con sus respectivos maestros, y los alumnos de los Centros pedagógicos no oficiales invitados al acto, presididos por sus profesores, cerrando el cortejo el Alcalde Sr. Pérez Barreiro, acompañado de los Concejales Sres. Sierra y Mariño, los Sres. Ayudante de Marina, Capitán y Teniente de Carabineros, Párroco de Santiago, Médicos titulares y otras distinguidas personas cuyos nombres sentimos no recordar.
A los acordes de una marcha, ejecutada por la música, dirigióse la comitiva al lugar designado para la plantación, en cuyas inmediaciones un numeroso gentío, desafiando los rigores del tiempo, esperaba a pie firme, ávido de presenciar todos los detalles de la fiesta.
En el momento crítico de procederse por el Párroco de Santiago á la bendición de los árboles, comenzó de nuevo a llover, siendo preciso apurar la ceremonia, porque el público desfilaba apresuradamente.
El Alcalde plantó el primer árbol, siguiéndole las demás Autoridades por orden de categorías, hasta llegar á los niños y niñas que, con verdadero entusiasmo y gran alegría, se entregaron á la tarea de plantar los que habían sido asignados á cada grupo.
El número De eucaliptos invertidos en la fiesta se aproxima a ciento, donados todos ellos por nuestro amigo D. Manuel Cora García, con un desprendimiento que mucho le honra.
Los niños de la escuela pública de esta ciudad, cantaron con gran afinación el himno de Fernández Shaw y Chapí.
Los árboles plantados marcan el perímetro del redondel de la antigua Plaza de Toros, con una prolongación, en dos líneas paralelas, hacia la carretera, señalando la avenida que ha de servir de acceso al iniciado parque.
El tiempo, no obstante ser el jueves el primer día de la primavera, pareció conjurarse en contra de la fiesta, pues á poco de terminar ésta se desencadenó una verdadera tormenta con truenos, granizo y chubascos espantosos.
Se pensó en aplazar el acto para otro día; pero desistióse de ello en vista de las “claras” de por la mañana, y teniendo en cuenta que lo avanzado de la estación podía comprometer el éxito de las plantaciones.
¡ Lástima de un buen día, con sol espléndido y luciente; pues entonces hubiese resultado la fiesta del árbol magnífica y solemne y a ella hubiese asistido el pueblo entero!
De todas suertes, merecen plácemes entusiastas sus organizadores por haberla instaurado entre nosotros.
Vivero, ama los árboles y acudirá siempre con entusiasmo a plantarlos y cuidarlos, convencido de que así realiza una obra altamente saludable y patriótica”.
O mesmo día o alcalde Pérez Barreiro recibiu un telegrama de adhesión ao acto da Sociedade de Amigos das Árbores da Coruña, presidida por Hernán Sáez; andado o tempo tamén presidiría dita institución o ex militar de Xove, Manuel Insua Santos.
Ao ano seguinte, en 1913, volvería a celebrarse a Festa e dous anos despois, en 1915, o Ministerio da gobernación publicaba un Real Decreto declarando obrigatoria a celebración anual da mesma en todos os termos municipais, obrigando aos Concellos a consignar nos presupostos anuais os gastos necesarios para a realización das actividades e a elaboración dunha memoria duplicada coa data da celebración, número de árbores plantados e número de participantes.
Durante a década dos anos vinte e nos tempos do sexenio republicano, produciuse un importante auxe da Festa da Árbore, que esmorecería durante a guerra civil e a Posguerra, logrando recuperarse con forza a partir dos anos 70, do pasado século XX.
FUENTE: https://viveirocronista.blogspot.com/2022/03/da-arbore-1912-dafesta-da-arbore-en.html