CON O ASESORAMIENTO DO CRONISTA OFICIAL DE BETANZOS, XOSÉ RAIMUNDO NÚÑEZ-VARELA, XOSÉ TOMÁS PREPARA A PUBLICACIÓN DE TRES BANDAS DESEÑADAS PARA A PRIMEIRA METADE DE 2008
Mar 09 2008
Iglesia de San Xián, Cabaleiros (La Coruña).
Iglesia de San Xián, Cabaleiros (La Coruña).

Se levaba un tempo aparentemente afastado da BD, o ferrolán Xosé Tomás protagoniza un prolífico retorno ao xénero. Para comezar, o vindeiro mes de febreiro sairá á luz o anunciado “Tolos” nunha dupla edición con capas dura e branda, respectivamente. A obra, editada pola Universidade da Coruña, quere facer reflexionar aos aspirantes a universitarios sobre as posibilidades do ensino superior.

Dous meses despois, en abril, o autor agarda publicar unha historia de dez páxinas, tamén dirixida a escolares, na que narra a matanza do Portiño, na Coruña. A obra, que realiza co asesoramento do colectivo herculino sobre a memoria histórica irá grapada e en formato folio, e distribuirase en centros de ensino.

Para rematar este comezo de 2008, o 17 de maio verá a luz o volume “Historias de Betanzos” da man do concello. A obra recompila en cinco capítulos de dez páxinas outros tantos relatos ambientados na Vila dos Cabaleiros en distintas épocas. A intención inicial é que se o proxecto acada repercusión, a serie continúe con novas historias curtas, sempre co asesoramento do CRONISTA OFICIAL DA VILA, XOSÉ RAIMUNDO NÚÑEZ-VARELA Y LENDOIRO. Estes e outros traballos poden verse no web e mais no blog que o autor acaba de abrir.

Fuente: http://culturagalega.gal/

Add your Comment

Calendario

noviembre 2024
L M X J V S D
 123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930  

Archivos

UN PORTAL QUE CONTINÚA ABIERTO A TODO EL MUNDO