Tal como recolle o autor na súa obra “Sálvora, memoria dun naufraxio. A traxedia do Santa Isabel”, Acuña y Malvar logrou deter temporalmente o proxecto da almadraba, grazas á súa influencia e á súa capacidade de mobilización. O seu nomeamento como cóengo pararía as reclamacións dado que os veciños quedaron sen quen os defendera e Caamaño volveu á carga sobre xa a propiedade da illa e a explotación das súas augas. A sentencia da coroa con varias reservas ás partes, fan que o expediente morra en 1798 co derradeiro informe no que se recollen varias reservas.
A propiedade da illa aparece novamente citada como dote de matrimonio en 1820, concretamente o 13 de febreiro hai 205 anos, entre Isabel de Mariño que se di titular da illa e Ruperto de Otero, momento en que o arquipélago de Sálvora pasa á Casa de Otero aumentando o seu patrimonio.