FIGURA PARA A QUE O GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA CREE QUE O CONCELLO DE ARTEIXO DEBERA CONVENCER PARA ESTA FIGURA HONORÍFICA AO ESCRITOR ARTEIXÁ XABIER MACEIRAS…
A figura de Cronista Oficial é un ente creado por moitos concellos ao longo do territorio español e galego coa tarefa de defender os valores culturais do seu municipio, promover a investigación ao seu redor, así como asesorar ás autoridades e organismos da Administración sobre as cuestións expostas anteriormente. Asegurar arte, folclore, heráldica, tradicións, toponimia, literatura, etc. que se refiren ao ámbito do municipio.
Os concellos noméanos en virtude das características e coñecementos que o candidato/a ten sobre a poboación na que reside, cuxo papel exercen de xeito honorífico de acordo co seu «amor e dedicación» ao municipio.
Arteixo é un concello onde compre recuperar a historia, poñer en valor o seu pasado para ter futuro como concello, hai que poñer en valor a nosa cultura e recuperar todo o que sexa posible a nosa historia. Dende fai anos, o noso veciño, Xabier Maceiras leva desenrolando unha función de recuperación da memoria e posta en valor da nosa cultura coas dificultades económicas e de traballo que esto supón, pero con gran éxito no seu traballo.
Dende a administración local debéramos involucrarnos máis e facelo poñendo en valor o traballo que se realiza, ademáis de poñer a disposición os medios necesarios para que o traballo que se fai sexa cada vez mellor e máis doado de realizar.