POR HERMINIA PENAS OROZA, CRONISTA OFICIAL DE BURELA (LUGO)
En marzo de 2019, un día antes da tan esperada viaxe á capital de Galicia, suspendeuse a actividade lectiva en todos os centros educativos durante dúas semanas… A frase xa non necesita continuación nin remate.
Desde esa data transcorreron dous anos; Coincidiu outro xoves, esta vez o primeiro do mes de xuño, e aló fomos malia non estarmos seguros de se saberiamos movernos coma antes da pandemia.
E tanto que soubemos! Demoramos un pouco de máis no Parlamento de Galicia porque había demasiado que ver e bastante que preguntar. Ademais, era preciso resarcirse deses dous anos de secaño.
FUENTE: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2022/06/28/span-langgl-fin-puidemos-volver-a-casa-os-galegos-galegasspan/00031656401491588861696.htm
Unha vez “mercamos” a idea de que o noso alumnado xa trae aprendido do ensino Primario o funcionamento da administración local, en 3º ESO visitamos a Deputación Provincial; en 4º ESO, ascendemos de nivel e organismo, visitando agora o Parlamento autonómico; e xa no bacharelato, viaxamos ata Madrid para coñecer as Cortes Xerais.
A partir dese momento convertemos en habitual o encontro cos nosos representantes. Así, os políticos mariñáns sempre nos dedican un saúdo e unha conversa, sexa en Galicia ou en Madrid (que aí aínda lles fai máis ilusión).